Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XXXVII Premios "Torrente Ballester" de narrativa

Co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade das nosas escritoras e escritores, e coa vontade de homenaxear ao ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a Deputación Provincial da Coruña convoca os XXXVII Premios Internacionais "Torrente Ballester" de narrativa en lingua castelá e de narrativa en lingua galega.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/04/2025

ata as 14.00 h.

Requisitos:

  • Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame.
  • O tratamento de texto será Word, LibreOffice ou PDF.
  • As obras serán de tema e extensión libres e estarán escritas en lingua castelá para o Premio "Torrente Ballester" de narrativa en lingua castelá e en galego para o Premio "Torrente Ballester" de narrativa en lingua galega.
  • Poderán presentar novelas, relatos e conxuntos de relatos.
  • A obra presentarase en formato DIN A4, texto a dobre espazo, letra Times New Roman corpo 12 e deberá estar paxinado. No caso de optar pola presentación en papel, os orixinais serán enviados por duplicado, en exemplares separados, grampados ou encadernados.

Remuneración / Custo:

Un premio de 15.000 € para cada un dos certames (premio "Torrente Ballester" de narrativa en lingua castelá e premio "Torrente Ballester" de narrativa en lingua galega)

Páxina web:

www.dacoruna.gal/cultura/premios

Contacto:

Deputación Provincial da Coruña

Avenida Porto da Coruña, 2 (15003 - A Coruña)

Tel.: 981 080 300

correo-e: cultura@dacoruna.gal

Publicación:

BOP 30/01/2025 (bases premio de narrativa en lingua castelá)

BOP 06/02/2025 (convocatoria premio de narrativa en lingua castelá)

BOP 30/01/2025 (bases premio de narrativa en lingua galega)

BOP 06/02/2025 (convocatoria premio de narrativa en lingua galega)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión