Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de decembro de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Conta ademais con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/12/2024 ata o 25/01/2025

Horario:

  • Martes a sábados: de 11.00 a 19.00 h
  • Domingos e festivos: de 11.00 a 15.00 h

Prezo:

gratis.

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña

tel.: 689 578 727

e-correo: reservascor@muncyt.es | infomueso@muncyt.es

www.instagram.com/muncyt

www.facebook.com/muncyt

twitter.com/muncyt

Documentos:

Axenda decembro MUNCYT (pdf) (1 MB)

DÍA DA AVIACIÓN CIVIL INTERNACIONAL

Terá lugar o 7 de decembro e este ano cúmprense 80 anos de cooperación mundial desde 1944. Tras o gran desenvolvemento da aviación eses anos, foi imprescindible para que xigantes coma o Jumbo fixesen voos transatlánticos ou chegar a catro mil millóns de pasaxeiros anuais!

  • TALLER "AVIÓNS DE PAPEL II". Sábado 7 de decembro ás 12.00 h. (90 min.). Público familiar (a partir de 8 anos). Reserva previa. Tras o primeiro taller chega a esperada segunda parte! Construción de modelos de avións (boomerang, un planeador e un jet) usando a papiroflexia para aprender conceptos matemáticos e de aerodinámica, desenvolver outras habilidades e divertirse xogando. Impartido por Miguel Ángel Vidal, Lic. en Matemáticas, divulgador de matemáticas, xadrez e papiroflexia, profesor en Secundaria e autor de 'Doblando las Mates. Proyecto con papiroflexia de toda una tribu'.
  • TORNEO "AERONAUTAS DE PAPEL". Sábado 7 de decembro, ás 13.15 h. Público familiar (a partir de 8 anos). Concurso tras o taller de avións no que se competirá en catro probas cos modelos de avións elaborados: aterraxe nunha diana, efecto boomerang, encestar e tirar vasos de papel. No torneo poderán participar tanto as persoas inscritas nalgún dos dous talleres de avións como outros interesados que deberán traer o seu avión de papel dos modelos indicados para participar.
  • VISITA "POR TERRA, MAR... E AIRE!". Sábado 7 de decembro ás16.00 e 17.00 h., domingo 8 de decembro ás 12.30 h. Na visita, faredes un breve repaso sobre a ciencia e a tecnoloxía que lle permitiu aos humanos desprazarnos por diversos medios, incluíndo as máquinas voadoras, que completaredes cun xogo de pistas e unha actividade.

FINS DE SEMANA

Sábados e domingos. Público infantil e familiar (6-12 anos). Reserva previa ou en despacho de billetes.

  • TALLERES INFANTÍS E FAMILIARES. Ás 11.15 h. Os sábados 7, 14 e 21, talleres infantís nos que crear diversos tipos de adornos do Nadal e pequenos xoguetes. E os domingos 8, 15 e 22, poderedes crear en familia unha película utilizando stop-motion para facer sesións de cinema en Nadal ou experimentar coa química e unha alimentación saudable.
  • DESAFÍOS MUNCYT. Ás 13.15 ou 18.00 h. Xogos de pistas por equipos para que os participantes aprendan sobre historia da ciencia e a tecnoloxía, seguindo diversos fíos temáticos e superando as probas relacionadas coa colección do museo. Nota: Acceso ao xogo a través dos dispositivos móbiles das e dos participantes.
  • CURTOCIRCUÍTOS E VISITAS FAMILIARES. Ás 12.30 ou 17.00 h. Visitas ás pezas de gran tamaño da sala Maiúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os 100 obxectos da sala s. XX. Na visita familiar, percorreredes a colección de cinema e son e, tras o percorrido, un xogo de pistas e unha actividade participativa.

PROGRAMACIÓN ESPECIAL DE NADAL

  • ESPECTÁCULO "MONSTROS NO CAMIÑO" DE TEATRO GHAZAFELLOS. Xoves 26 ás 17.00 h. (50 min.). Público familiar (idade recomendada, a partir de 5 anos). Tres investigadores de Europa do Leste percorreron o Camiño de Santiago para desmantelar os mitos de seres ou fenómenos locais. Hoxe realizarán un simposio para mostrar os resultados da súa aventura. Coa axuda dunha máquina da súa invención, poderán convocar os diferentes "monstros" dos que falan para demostrar a súa falsidade ou non... Pasarán por diversos personaxes míticos como Drácula, o lobishome, as bruxas, ou personaxes de ficción como Frankenstein. Unha comedia que vos fará sentir cómplices da historia.
  • ESPECTÁCULO "CIENCIA OU MAXIA" DE DAVID BALLESTEROS. Sábado 28 ás 12.00 h. (50 min.). Público familiar (idade recomendada, a partir de 5 anos). Cando non comprendemos un fenómeno, tendemos ao pensamento máxico. Espectáculo de divulgación que consiste nun conxunto de experiencias sorprendentes que ata explicadas parecen máxicas. Unha excelente proposta para iniciar o público infantil no método científico. Ceo Aberto dedícase á comunicación da ciencia e David Ballesteros é a súa cara visible, protagonista de diversos espazos de divulgación científica como "Aquelando" na TVG.
  • ACTIVIDADES FAMILIARES EXTRAORDINARIAS. Do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro, sesións segundo horario de apertura. Público familiar (idade recomendada, de 6-12 anos). A diario, ás 11.15 h. (máx. 60 min.) abrirase unha sala de xogos na que crear grandes construcións con pezas tamaño XL, xogos de mesa nos que aplicar a lóxica ou resolver enigmas. Ás 13.15, 16.00 ou 18.00 h, xincana en equipo sobre literatura fantástica ou de ciencia ficción, que espertará a vosa curiosidade sobre a ciencia e a creación tecnolóxica que serven de inspiración. Ás 12.30 h. ou 17.00 h, podedes unirvos ás visitas guiadas do museo, tanto para público xeral como na súa versión familiar nas que coñecer enxeñosos inventos e sorprendentes descubrimentos e participar nun xogo de pistas e unha actividade experimental. Nota: Acceso aos xogos de pistas a través dos dispositivos móbiles dos participantes.

CHARLA: CIENCIA E TECNOLOXÍA NUCLEAR

Sábado 25 de xaneiro ás 12.00 h. Público xeral (recomendado a partir de 14 anos). Impartida por "Jóvenes Nucleares", unha comisión da Sociedade Nuclear Española formada por profesionais e estudantes relacionados coa ciencia e tecnoloxía nuclear, a charla abordará de maneira divulgativa diversos temas como as bases científicas e tecnolóxicas da física nuclear e a radiación, e a utilidade dese coñecemento en diversos ámbitos da sociedade.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión