Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Cursos de continuidade para diferentes niveis de Lingua de Signos Española
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia convoca cursos de continuidade para diferentes niveis de LSE: Nivel A2, Nivel B1.2 e Nivel B2.2.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
xaneiro - maio 2025
Inscricións:
Nivel B1.2, ata o 13 de decembro de 2024. Niveis A2 e B2.2 ata o 24 de xaneiro de 2025.
Prezo:
Nivel A2
Matrícula ordinaria. 190€
Matrícula reducida: Persoas traballadoras e voluntarias da FAXPG ou das asociacións afiliadas 95€. Persoas xordas e/ou con discapacidade auditiva e familiares 57€.
Nivel B1.2
Matrícula ordinaria. 150€
Matrícula reducida: Persoas traballadoras e voluntarias da FAXPG ou das asociacións afiliadas 75€. Persoas xordas e/ou con discapacidade auditiva e familiares 45€.
Nivel B2.2
Matrícula ordinaria. 175€
Matrícula reducida: Persoas traballadoras e voluntarias da FAXPG ou das asociacións afiliadas 87,5€. Persoas xordas e/ou con discapacidade auditiva e familiares 52,5€.
Requisitos:
Para acceder ao curso de Nivel A2 é imprescindible completar o A1.
Para acceder ao curso de Nivel B1.2 requírese o B1.1
Para acceder ao curso de Nivel B2.2 debe completarse primeiro o B2.1.
A inscrición pode facerse en liña a través dos formularios dispoñibles na web da Faxpg antes do prazo que se indica para cada curso ou ata cubrir o número de prazas dispoñibles.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible