Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Propulsa o teu negocio!

Aje Coruña, en colaboración co Concello da Coruña, presenta o Programa Propulsa!. O Programa Propulsa 2024  é unha proposta destinada a apoiar e fomentar o emprendemento e o tecido empresarial da cidade. Mediante un enfoque integral que inclúe formación, networking e mentoría personalizada, o programa busca proporcionar aos participantes as ferramentas e os apoios necesarios para levar os seus proxectos ao seguinte nivel e aproveitar ao máximo as oportunidades do mercado actual.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Prezo:

Gratuíto.

Páxina web:

Programa Propulsa!

Contacto:

AJE Coruña

A CoruñaRúa Durán Loriga, 10, 4 planta.15003 A Coruña

Teléfono: +34 981915635

info@ajecoruna.com

Formación grupal

O Programa Propulsa 2024 ofrecerá un total de 20 horas de formación grupal distribuídas en cinco sesións, cada unha de catro horas de duración.

  • 28 de xuño | De 10.00 a 14.00 horas | "Propulsa o teu negocio"
  • 12 de xullo | De 10.00 a 14.00 horas | "Tecnoloxía para o emprendemento"
  • 24 de setembro | De 16.00 a 20.00 horas | "Vender a túa empresa en RRSS"
  • 22 de outubro | De 16.00 a 20.00 horas | "Como potenciar o teu negocio local. Optimización con Google my Bussines"
  • 26 de novembro | De 16.00 a 20.00 horas | "Inteligencia Artificial-Chat GPT"

Networking

O networking é outra peza crave do Programa Propulsa 2024. Dedicaranse seis horas a esta actividade, repartidas en dúas sesións de tres horas cada unha. Estas sesións están deseñadas para fomentar a creación de conexións valiosas entre os participantes e outras empresas con actividades similares, facilitando así o intercambio de coñecementos, experiencias e consellos expertos. O obxectivo é crear unha rede de apoio e colaboración que perdure máis aló do programa. Estas sesións celebrásense ao longo do cuarto trimestre do ano (outubro, novembro ou decembro)

Mentorías individualizadas

O programa tamén inclúe sete horas de mentorías personalizadas por proxecto, divididas en dúas horas de titoría xeral e cinco horas de titoría especializada. En total, dispoñerase de 350 horas de acompañamento individual, permitindo a participación de ata 50 proxectos. Estas mentorías centraranse en identificar os obxectivos e necesidades de cada negocio, asegurando que o programa se aliñe perfectamente coas metas específicas de cada participante. As persoas emprendedoras recibirán orientación tanto xeral como especializada para abordar os seus retos particulares e maximizar o seu potencial de crecemento. O programa fará fincapé en capacitar aos participantes en áreas crave que poidan marcar unha diferenza significativa nos seus proxectos. Aproveitando as oportunidades do mercado actual, búscase un crecemento sostido e exitoso para cada un dos emprendedores. Estas 7 horas de asesoramento concretaranse entre as persoas participantes e o mentor ou mentora ao longo do ano.

Inscrición

As personas interesadas poden rexistrarse a través dos segunites formularios:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión