Aje Coruña, en colaboración co Concello da Coruña, presenta o Programa Propulsa!. O Programa Propulsa 2024 é unha proposta destinada a apoiar e fomentar o emprendemento e o tecido empresarial da cidade. Mediante un enfoque integral que inclúe formación, networking e mentoría personalizada, o programa busca proporcionar aos participantes as ferramentas e os apoios necesarios para levar os seus proxectos ao seguinte nivel e aproveitar ao máximo as oportunidades do mercado actual.
Para público en xeral
Gratuíto.
AJE Coruña
A CoruñaRúa Durán Loriga, 10, 4 planta.15003 A Coruña
Teléfono: +34 981915635
Formación grupal
O Programa Propulsa 2024 ofrecerá un total de 20 horas de formación grupal distribuídas en cinco sesións, cada unha de catro horas de duración.
Networking
O networking é outra peza crave do Programa Propulsa 2024. Dedicaranse seis horas a esta actividade, repartidas en dúas sesións de tres horas cada unha. Estas sesións están deseñadas para fomentar a creación de conexións valiosas entre os participantes e outras empresas con actividades similares, facilitando así o intercambio de coñecementos, experiencias e consellos expertos. O obxectivo é crear unha rede de apoio e colaboración que perdure máis aló do programa. Estas sesións celebrásense ao longo do cuarto trimestre do ano (outubro, novembro ou decembro)
Mentorías individualizadas
O programa tamén inclúe sete horas de mentorías personalizadas por proxecto, divididas en dúas horas de titoría xeral e cinco horas de titoría especializada. En total, dispoñerase de 350 horas de acompañamento individual, permitindo a participación de ata 50 proxectos. Estas mentorías centraranse en identificar os obxectivos e necesidades de cada negocio, asegurando que o programa se aliñe perfectamente coas metas específicas de cada participante. As persoas emprendedoras recibirán orientación tanto xeral como especializada para abordar os seus retos particulares e maximizar o seu potencial de crecemento. O programa fará fincapé en capacitar aos participantes en áreas crave que poidan marcar unha diferenza significativa nos seus proxectos. Aproveitando as oportunidades do mercado actual, búscase un crecemento sostido e exitoso para cada un dos emprendedores. Estas 7 horas de asesoramento concretaranse entre as persoas participantes e o mentor ou mentora ao longo do ano.
Inscrición
Dende o 24/06/2024 ata o 04/07/2024
até as 13.00h
Dende o 24/06/2024 ata o 04/07/2024
até as 13.00h.
Dende o 24/06/2024 ata o 04/07/2024
ás 13:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible