Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Xuventude Mentoring

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria. CIXUG, entidade integrada pola Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, para apoiar e acompañar ás persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos de grao, de formación profesional superior ou estudos superiores en ensinanzas de réxime especial.

Inscricións:

Ata o 09/12/2024

Número de prazas:

250

Prezo:

de balde.

Requisitos:

1. Ter rematado os estudos universitarios de grao/posgrao, de formación profesional de grao superior ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial nunha universidade ou centro de estudos de Galicia (incluídos os estudos realizados nos centros da UNED en Galicia).

Poderán tamén participar aquelas persoas que teñan realizado a formación (universitaria, formación profesional de grao superior ou estudos superiores nas ensinanzas de réxime especial) fóra da comunidade autónoma de Galicia sempre que a dita formación non estivese incluída no programa educativo de ningunha universidade pública ou centro de estudios de Galicia na data de inicio da formación.

Tamén poderán participar aquelas persoas que, tendo realizado a súa formación universitaria fóra da comunidade autónoma de Galicia, tiveran feito posteriormente un mestrado nalgunha universidade pública de Galicia.

Igualmente, poderán participar as persoas mozas universitarias, de formación profesional superior ou de estudos superiores en ensinanzas de réxime especial coa condición de emigrantes retornadas.

2. Estar inscritas e ser beneficiarias do SNGX no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciarse as accións do programa.

3. Ter entre 18 anos e 30 anos.

4. Non ter participado e completado con anterioridade as accións desenvolvidas en edicións previas do programa Xuventude Mentoring. Exclúense aquelas persoas que, estando inscritas en edicións anteriores, finalizaran a súa participación no programa sen recibir ou sen completar as accións de mentorización previstas.

Páxina web:

www.xuventudementoring.gal

Contacto:

QUE OFRECE O PROGRAMA?

O Xuventude Mentoring, como programa integral, está composto por 4 grandes bloques de accións que se desenvolverán, fundamentalmente, entre os meses de novembro de 2024 e febreiro de 2025:

  • Actividades de asesoramento e acompañamento polo persoal do equipo de titores/as ao longo de todo o calendario. Estas persoas especialistas en orientación e apoio á inserción laboral acompañarán de xeito individualizado a cada persoa participante no seu percorrido ao longo da súa participación no programa.
  • Actividades de mentoría a cargo de persoas profesionais procedentes do empresariado galego. Cada persoa moza participante terá asignada unha persoa mentora procedente do sector económico ou profesional do seu interese, que lle aconsellará, apoiará e guiará na súa busca de emprego por conta allea ou propia (autoemprego), así como lle axudará a crear e ampliar unha rede de contactos de interese. Terá, polo menos, 3 reunións individuais co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática. 
    • Terá, polo menos, 3 reunións individuais co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.
  • Actividades formativas de apoio ao desenvolvemento do perfil competencial de cada persoa participante. Estas actividades estarán divididas entre actividades formativas obrigatorias e contidos formativos voluntarios, podendo desenvolverse de maneira presencial, semipresencial ou en liña.
  • Actividades de networking e visitas a empresas. Ao longo do programa Xuventude Mentoring promoveranse e organizaranse diversas actividades de interacción e networking a través de eventos presenciais e de visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos que apoien as demais tarefas do programa. A participación nestas actividades será voluntaria.

CAL É O CONTIDO DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS?

As actividades formativas do programa Xuventude Mentoring dividiranse en formación obrigatoria e formación voluntaria, cun mínimo de 20 horas cada unha.

Na formación obrigatoria as persoas mozas participantes abordarán os seguintes contidos:

  • Busca activa de emprego.
  • Elaboración do currículum vitae e ferramentas TIC para a súa xestión.
  • Ferramentas TIC para o posicionamento e marca persoal.
  • Motivación e liderado.
  • Habilidades comunicativas, negociación e xestión do estrés.

A formación voluntaria contará entre outros, e segundo se desenvolva o propio programa, cos seguintes contidos obxectivo:

  • O autoemprego como opción de desenvolvemento profesional e laboral. 
  • A captación do talento nas empresas.
  • Sesións prácticas sobre a preparación das entrevistas de traballo.
  • Dinámicas de grupo enfocadas aos procesos de selección de persoal.
  • A normativa de referencia do marco das relacións laborais.
  • Webinarios, actividades de Networking e sesións de formación en centros empresariais (a definir, segundo os perfís e os intereses das persoas participantes).

COMO INSCRIBIRSE AO PROGRAMA?

A inscrición no programa realizarase exclusivamente de xeito telemático a través do formulario e achega da documentación obrigatoria na seguinte páxina web: https://www.xuventudementoring.gal/inscricion/

Só será válida unha única solicitude por persoa. No caso de que algunha persoa presentara unha nova solicitude entenderase que desiste da anterior é só será válida a última presentada.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión