Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) convoca a Proba de Acceso á Universidade para as/os Maiores de 25 anos, correspondente ao ano 2025, no ámbito das tres Universidades de Galicia (UDC, USC e UVigo).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 07/03/2025 ás 08:30 , 14/03/2025

Inscricións:

Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025

Prezo:

Prezo xeral 63,67€.

Requisitos:

  • Persoas maiores de 25 anos de idade no ano natural no que se celebre a proba.
  • Non estar en posesión de ningunha titulación académica ou certificación de proba de acceso habilitada para acceder á universidade (Probas PAU ou equivalentes, Ciclos Formativos de FP, Titulacións universitarias ou calquera outra vía de acceso).

Páxina web:

ciug.gal

Organiza:

CiUG

Contacto:

LERDs

LERD Campus da Coruña |​ Pavillón de estudantes. Campus Elviña. 15071- A Coruña | tel.: 881 011 190/ 881 011 192/ 881 011 964  | lerdcoruna@udc.es​

CiUG, Comisión Interuniversitaria de Galicia  | Edificio Fontán, 1º andar. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás, s/n. 15707. - Santiago de Compostela | tel.: 881 971 006  | ciug@ciug.gal

ESTRUCTURA DA PROBA:

Fase Xeral: constará dos seguintes exercicios:

  • Comentario dun texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidade.
  • Lingua castelá.
  • Lingua galega.
  • Lingua estranxeira: elixirase entre alemán, francés, inglés, italiano ou portugués.

Fase Específica: estrutúrase en 5 opcións, e incluirá os exercicios de tres materias: dúas obrigatorias e unha optativa, segundo o seguinte cadro:

OPCIÓNS

MATERIAS OBRIGATORIAS

MATERIAS OPTATIVAS

    

A:

Artes e humanidades

. Historia da arte

. Xeografía

. Debuxo artístico

. Latín

. Literatura universal

. Volume

B:

Ciencias

. Matemáticas

. Química

. Bioloxía

. Ciencias da Terra e ambientais

. Física

C:

Ciencias da saúde

. Bioloxía

. Química

. Ciencias da Terra e ambietais

. Física

. Matemáticas

D:

Ciencias xurídicas e sociais

. Hª do mundo contemporáneo

. Matemáticas aplicadas ás C.C. sociais

. Economía da empresa

. Literatura universal

. Xeografía

E:

Enxeñaría e arquitectura

. Física

. Matemáticas

. Ciencias da Terra e ambientais

. Debuxo técnico

. Química

Consulta a adscrición preferente a efectos de acceso das opcións da Proba:  https://ciug.gal/PDF/M25_2025/convocatoria_m25_2025_signed.pdf

PRAZO E LUGAR DE MATRÍCULA: do 27 ao 31 de xaneiro de 2025 ambos os dous inclusive. A matrícula deberase facer a través dos LERDs. 

DATAS E LUGAR DE REALIZACION DAS PROBAS: na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, situada no Campus Vida en Santiago de Compostela.

  • A Fase Xeral será o venres, día 21 de febreiro, a partir das 8,30h.
  • A Fase específica, o venres, día 14 de marzo, a partir das 8,30h.
  • Cualificacóns finais provisorias (NERTA) o 20 de marzo (a partir das 15.00h)
  • Cualificacións definitivas: 27 de marzo (a partir das 20.00h)

ACCESO Á UNIVERSIDADE: para as persoas aprobadas nestas probas, reservarase o 2% das prazas totais de cada titulación con límite de prazas ás que as/os estudantes poidan ter acceso, de acordo coa opción cursada na proba.

Os programas das materias, orientacións e modelos de exame pódense consultar na páxina web da CiUG.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión