O Ministerio do Interior aproba, para o ano 2025, o calendario das probas de selección para gardas rurais e as súas especialidades de garda de caza ou gardapesca marítimo, cuxa superación habilitará para o exercicio das correspondentes profesións.
Para público en xeral
1.ª convocatoria: maio de 2025. 2.ª convocatoria: novembro de 2025
1.ª convocatoria: do 1 ao 20 de marzo de 2025. 2.ª convocatoria: do 1 ao 20 de setembro de 2025
Taxa do ano 2023: 23,34 € (esta cantidade incrementarase anualmente en función da contía que se estableza na Lei de orzamentos xerais do estado para o ano en curso).
-Ser maior de idade.
-Ter a nacionalidade dalgún dos estados membros da Unión Europea ou dun estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ben que lle sexa aplicable o disposto na lexislación sobre réxime comunitario conforme ao Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns/as dos estados membros da Unión Europea e doutros estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou ser nacional dun terceiro estado que teña subscrito con España un convenio internacional no que cada parte recoñeza o acceso ao exercicio destas actividades aos nacionais da outra.
-Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, de técnico, ou outros equivalentes a efectos profesionais, ou superiores.
-Posuír a aptitude psicofísica necesaria para o exercicio das respectivas funcións de garda rural, a teor do disposto no Real decreto 2487/1998, do 20 de novembro, polo que se regula a acreditación da aptitude psicofísica necesaria para ter e usar armas e para prestar servizos de seguridade privada.
-Carecer de antecedentes penais por delitos dolosos.
-Non ser condenado/a por intromisión ilexítima no ámbito de protección do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, do segredo das comunicacións ou doutros dereitos fundamentais nos cinco anos anteriores á solicitude.
-Non ser sancionado/a nos dous ou catro anos anteriores, respectivamente, por infracción grave ou moi grave en materia de seguridade privada.
-Non ser separado/a do servizo nas Forzas e Corpos de Seguridade ou nas Forzas Armadas españolas ou do país da súa nacionalidade ou procedencia nos dous anos anteriores.
-Posuír o diploma ou certificación acreditativa de superar o curso ou cursos específicos nos centros de formación para gardas rurais e as súas especialidades.
Departamento de Formación do Servizo de Protección e Seguridade da Garda Civil
Rúa Batalla del Salado, 32. 28045 Madrid
Correo electrónico: dg-seprose-segprivada@guardiacivil.org
Publicación: BOE 21/11/2024
Os prazos para presentar as solicitudes e os períodos de realización das probas serán os seguintes:
Convocatorias | Prazo de presentación | Realización das probas |
1/2025 | Do 1 ao 20 de marzo de 2025 | Maio de 2025 |
2/2025 | Do 1 ao 20 de setembro de 2025 | Novembro de 2025 |
A solicitude de admisión realizarase por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Garda Civil.
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 07/03/2025 ás 08:30 , 14/03/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 31/03/2024 ata o 31/03/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible