Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa XI

Obxecto:

O obxecto deste programa é promover a aprendizaxe e a formación de mozos profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países, mediante a concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas de diversos países de Europa.

Cos obxectivos de:

  • Apoiar a adquisición de competencias e mellorar o desenvolvemento persoal e as oportunidades de emprego.
  • Mellorar a competencia en linguas estranxeiras.
  • Aumentar a conciencia e comprensión doutras culturas e países.
  • Asegurar un mellor recoñecemento das competencias adquiridas en períodos de aprendizaxe no estranxeiro.

A quen vai dirixido?:

Titulados de ciclos superiores de FP específica e cursos de especialización de FP entre decembro de 2022 e xuño de 2023, nos centros educativos de FP adscritos ao programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e IES A Sardiñeira.

No caso das persoas tituladas en xuño de 2023, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter terminado o ciclo e superada a FCT.

Inscrición alumnado

Na ficha específica de inscrición

Organiza:

Concello da Coruña, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) do Ministerio de Educación e a Deputación Provincial da Coruña.

Requisitos:

Segundo as bases do programa

Prezo / Custo:

Dotación da bolsa

As persoas participantes recibirán en concepto de bolsa unha axuda económica 1.500,00 € destinada a financiar os gastos de manutención no país de destino (alimentación, viaxes locais e demais gastos diarios).

Ademais financiaranse as viaxes e o aloxamento.

A contía total está calculada sobre a base dos importes establecidos polo SEPIE e a achega municipal e da Deputación.

Programa inscrito no programa Erasmus+ da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.

Servizos incluídos no programa

O programa inclúe os seguintes servizos para cada participante:

  1. Viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino.
  2. Aloxamento no país correspondente durante o período da estadía.
  3. Contrato de formación non laboral por unha empresa do país correspondente durante un período de 90 días.
  4. Axuda económica para financiar a manutención durante a estadía
  5. Titorización da estadía e das prácticas formativas por persoal especializado, tanto da empresa coma da organización intermediaria no país de destino.
  6. Realización, como mínimo, de dúas xornadas de preparación específica para as persoas participantes no programa.
  7. O acceso a un curso "en liña" dos idiomas dos países de destino.
  8. Seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil.
  9. Tramitación da documentación ante o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE).

Condicións do programa

Dentro do prazo de presentación de solicitudes, ademais de formalizar a ficha de inscrición na web www.coruna.gal/educacion , as persoas interesadas deberán achegar unha serie de documentos nos rexistros municipais (presencialmente -con cita previa- ou por rexistro electrónico https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l322),

A selección realizarase tendo os seguintes criterios:

  1. Cualificación media final no ciclo formativo. Ata 10 puntos
  2. Cualificación do idioma estranxeiro. Ata 10 puntos, de acordo ao nivel de lingua estranxeira adquirido no Marco Común Europeo das Linguas.
  3. Valoración do informe da titoría do centro onde o participante realizase os seus estudos. Ata 5 puntos.

Entidades colaboradoras

Nove centros educativos públicos de FP da Coruña, con titulacións de grao superior adscritos ao proxecto, que xunto coa Deputación (que achega financiamento) e o Concello da Coruña conforman o Consorcio.

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que ten como misión xestionar a participación española no Programa Erasmus+.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión