O obxecto deste programa é promover a aprendizaxe e a formación de mozos profesionais en Europa, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países, mediante a concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas de diversos países de Europa.
Cos obxectivos de:
O programa está dirixido a titulados en ciclos superiores de FP que alcanzaron a súa titulación en decembro de 2022 ou en xuño de 2023, incluída la FCT (Formación en centros de traballo). E que realizasen os seus estudos nalgún dos 10 centros docentes públicos que participan como socios no programa: CIFP Ánxel Casal, CIFP Escola de Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e IES Rosalía Mera.
No caso das persoas tituladas en xuño de 2023, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter rematado o ciclo e superada a FCT.
A ficha de inscrición estará dispoñible o luns 17 de abril e hai que presentala xunto á documentación esixida, en calquera dos rexistros municipais, situados en Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora Mesoiro ou por rexistro electrónico https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l322), ou en calquera das dependencias ás que se refire a Lei 39/2015, de 2 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
• Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.
• Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
• Declaración responsable de estar ao corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias co Concello da Coruña (modelo dispoñible na web municipal).
• Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
• Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
• Se é o caso, calquera título oficial de idiomas.
Inscrición alumnado
O proxecto desenvolverao a Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados. Coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións intermediarias nos países de destino e financiamento da Deputación provincial da Coruña.
Segundo as bases do programa
Dotación da bolsa
As bolsas inclúen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil e ademais as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para o seu mantemento e estadía de 1.500,00 €. Ademais, o Concello, en colaboración coa empresa de xestión Oneco e as organizacións intermediarias nos países de destino, encárganse tamén da xestión do programa: a organización das viaxes, a procura de aloxamentos e das empresas de prácticas, así como da tramitación da documentación ante o SEPIE para o recoñecemento oficial das prácticas. O proxecto desenvolverao a Concellaría de Educación, Cultura e Memoria Histórica, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os centros docentes asociados. Coa colaboración dunha empresa de xestión e as organizacións intermediarias nos países de destino e financiaamento da Deputación provincial da Coruña.
Programa inscrito no programa Erasmus+ da Unión Europea, polo que se organizan e posibilitan prácticas de formación, de tres meses de duración en empresas de diversos países europeos para recentemente titulados de FP Superior nos centros adscritos ao programa.
Servizos incluídos no programa
O programa inclúe os seguintes servizos para cada participante:
Viaxes e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino.
Destinos
O programa na súa primeira convocatoria oferta 11 bolsas, cos seguintes destinos:
· 2 bolsas en inglés en Malta (Gzira)
· 3 bolsas en inglés ou en alemán en Austria (Viena)
· 2 bolsas en inglés en República Checa (Praga)
· 2 bolsas en italiano en Italia (Padua)
· 2 bolsas en portugués en Portugal (Lisboa)
Con todo, o órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoans seleccionadas e da existencia de empresas adecuadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados.
Condicións do programa
Dentro do prazo de presentación de solicitudes, ademas de formalizar a ficha de inscrición na web www.coruna.gal/educacion , as persoas interesadas deberán achegar unha serie de documentos nos rexistros municipais (presencialmente -con cita previa- , por rexistro electrónico https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l322), ou en calquera das dependencias á que se refire a Lei 39/2015, de 2 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
A selección realizarase tendo os seguintes criterios (por confirmar):
Entidades colaboradoras
Nove centros educativos públicos de FP da Coruña, con titulacións de grao superior adscritos ao proxecto, que xunto coa Deputación (que achega financiamento) e o Concello da Coruña conforman o Consorcio.
O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), do Ministerio Ministerio de Ciencias, Innovación e Universidades, que ten como misión xestionar a participación española no Programa Erasmus +.
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible