Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Técnico Superior en Desenvolvemento de Productos Electrónicos (L.O.X.S.E.)

Nivel de estudos
Formación Profesional. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
2000 horas
Información xeral
Familia profesional: Electricidade e electrónica
Requisitos
  • Título de Bacharel da L.O.E.
  • Título de Bacharel da L.O.X.S.E.
  • curso do bacharelato experimental.
  • Curso de Orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
  • Título de técnico especialista (FP2), técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
  • Título universitario ou equivalente para efectos académicos.
  • Ter superada a correspondente proba de acceso aos ciclos superiores.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (participará no proceso selectivo coa cualificación de 5 puntos para os efectos de baremación).
Perfil profesional
Ámbito: Realizar o estudio, definición, concepción e desenvolvemento de pequenas tarxetas e equipos electrónicos, organizar, xestionar e controla-la fabricación e posta a punto de prototipos electrónicos coa calidade e fiabilidade requiridas e cos custos acordados, e manter equipos electrónicos profesionais, utilizando os medios e técnicas de mantemento adecuadas, dando o soporte e asesoramento necesarios ós técnicos que o demanden.

Sectores: Grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas ó deseño, fabricación e mantemento de equipos electrónicos, especialmente de tipo profesional, no deseño, fabricación e mantemento de equipos electrónicos, independentemente do subsector tecnolóxico no que se sitúe a empresa (industrial, telecomunicacións, equipos de tratamento da información, instrumentación).

Profesións para as que capacita: Técnico en definición, análise e desenvolvemento de productos electrónicos, proxectista electrónico. técnico en prototipos electrónicos, técnico de soporte en producción electrónica, técnico en control de calidade de productos electrónicos, técnico de soporte e laboratorio para mantemento de equipos electrónicos industriais, técnico de soporte e laboratorio para mantemento de equipos electrónicos de telecomunicacións e de tratamento da información, técnico de soporte e laboratorio para mantemento de equipos electrónicos de electromedicina e de instrumentación en xeral.

Plano de estudos


HORAS TOTAIS

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS

1º, 2º e 3º trimestre

185

Electrónica analóxica

240

Lóxica dixital e microprogramable

55

Calidade

185

Técnicas de programación

130

Electrónica de sistemas

55

Relacións no contorno de traballo

55

Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

180

Desenvolvemento de proxectos de productos electrónicos

220

Desenvolvemento e construcción de prototipos electrónicos

180

Mantemento de equipos electrónicos

80

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

380

Formación en centros de traballo

Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Máis información

Portal educativo: www.edu.xunta.es/fp

Centros onde se imparte:

  • A Coruña

Carballo IES Monte Neme Tel. 981701159

Coruña, A IES Urbano Lugrís Tel. 981235945

Culleredo IES Cruceiro Baleares Tel. 981660700

Ferrol IES Ferrolterra Tel. 981333107

Santiago de Compostela CIFP Politécnico de Santiago Tel. 981522062

  • Lugo

Burela IES Perdouro Tel. 982575098

Lugo IES Politécnico de Lugo Tel. 982220328

  • Ourense

Ourense CIFP A Farixa Tel. 988236552

  • Pontevedra

Nigrán IES Escolas Proval Tel. 986369402

Pontevedra IES A Xunqueira Tel. 986873003

Vigo IES Ricardo Mella Tel. 986253711

CPR Colegio Hogar Caixanova Tel. 986414311

CPR Montecastelo Tel. 986412488

Normativa Legal
  • ENSINANZAS MÍNIMAS: Real Decreto 620/1995, de 21 de abril (BOE 09-08-95)
  • CURRÍCULO: Real Decreto 193/1996, de 9 de febreiro (BOE 06-03-93).Decreto 30/2000, de 20 de xaneiro, (DOG 22-02-00
Entidades relacionadas

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión