Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Podes solicitar o uso do espazo que mellor se adapte ás túas necesidades de luns a vernes, de 09:00 a 17:00 horas. Durante o mes de xullo, de luns a venres, poderás usar estes locais en horario de tarde (de 14:00 a 22:00 h). Os sábados, domingos, festivos, e durante todo o mes de agosto, podes facer a solicitude para un día completo, de 09:00 a 22:00 h, e ata un máximo de dous días consecutivos.
Os espazos TEU son unha rede de espazos abertos que o Concello da Coruña pon a disposición da cidadanía para o seu uso público, aberto e múltiple, e os de Ribeira Sacra son o segundo e o terceiro espazos en formar parte deste novo modelo de uso.
O TEU Ribeira Sacra 17 é un espazo municipal público, aberto e multifuncional, cun tamaño aproximado de 100 m/2 e capacidade para albergar un máximo de 70 persoas, que conta co equipamento seguinte:
Plataforma de madeira elevada para pequenas actuacións
Mamparas separadoras de espazos
Mobiliario básico (mesas e cadeiras)
Postos individuais de lectura, estudo e traballo con conexión á rede
Rede wifi
Canón proxector
Toma de auga e vertedoiro
Aseos
Quen os pode solicitar?
Se es unha persoa maior de idade, estás empadroado/a na Coruña e precisas un lugar onde poder realizar unha reunión, celebración familiar, charla, xuntanza de traballo, actividade de formación ou calquera outra social ou cultural, para ti ou en representación dunha asociación, entidade ou colectivo informal, podes solicitar o uso puntual dos TEUs Ribeira Sacra de Novo Mesoiro.
A autorización de uso é gratuíta.
Como se fai a solicitude?
Só tes que solicitalo por rexistro, como mínimo 15 días naturais antes da data desexada e como máximo, dentro do mes en curso e os dous meses posteriores.
As autorizacións outorgaranse por estrita orde de entrada no rexistro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible