Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Un Centro de Planificación Familiar é un lugar onde podes obter información sobre todo o relacionado coa sexualidade, os anticonceptivos, o aborto, as enfermidades de transmisión sexual...
Están abertos a todas as persoas independentemente do seu sexo, idade, estado civil, orientación sexual...
Pero ten en conta tamén que, ademais dos Centros de Planificación Familiar, cada vez son máis os centros e profesionais de atención primaria que atenden sobre estas cuestións.
Centro de Orientación Familiar
R/ Tui, 19. 15002 - A Coruña
Tlf.: 981 184 205
Horario de atención
Luns, martes, mércores e venres de 9.00 a 14.00 horas
Xoves de 11.30 a 14.00 horas
Obxectivos do centro:
Promover a saúde afectivo-sexual mediante a educación, nun clima de liberdade, respecto e aceptación das opcións afectivo-sexuais de cada persoa, que permita gozar libremente da sexualidade e da afectividade.
Defender os dereitos sexuais e reprodutivos, porque son dereitos básicos das persoas.
Ofrecer un servizo de calidade, onde as persoas poidan acudir a pedir información ou axuda de calquera tipo, para mellorar a súa sexualidade e afectividade, para a prevención dos embarazos non desexados e das infeccións de transmisión sexual, para a interrupción voluntaria do embarazo...
Motivos de consulta
Anticoncepción
Anticoncepción de urxencia
Interrupción Voluntaria do Embarazo e revisión posterior
Atención psicolóxica á problemática sexual e de parella
Poboación que atenden
Concello da Coruña
Todas as persoas que residan neste concello
Concellos de Cambre, Carral, Oleiros e Sada
Todas as persoas que teñan o seu centro de saúde en calquera destes catro concellos.
Outros concellos da área sanitaria da Coruña
Todas as persoas que teñan o seu centro de saúde neses concellos serán atendidas no Centro de Planificación Familiar do Centro de Especialidades do Ventorrillo (teléfono 981 142 800).
Cando necesiten atención xinecolóxica serán derivadas a este centro, xa que o SERGAS mantén o Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo sen especialista en xinecoloxía desde xaneiro do ano 2013.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible