Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico curso 2023/24

Ata 20 premios extraordinarios coa finalidade de recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a etapa de educación secundaria obrigatoria en Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/07/2024

Requisitos:

  • Ter cursado durante o ano académico 2023/24 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nela.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  • Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Remuneración / Custo:

1.000 € por premio. O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica e un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan. 

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/premiosedu

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 997 383 / 981 546 527

Email: premios@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 06/06/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED311D

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión