Quinito López Mourelle presenta o seu novo libro no auditorio do Fórum Metropolitano.
Persoas adultas, Xuvenil
30/06/2021
Xa rematou
Dende o 23/06/2021 ata o 30/06/2021
Require inscrición, prazas limitadas
De 19.30 h a 20.30 h
bforum@coruna.es
Tel.: 981 184 298
O vindeiro mércores 30 de xuño, ás 19.30 h, Quinito López Mourelle presentará o seu novo libro, Pepitoria, acompañado de Bernabé Simes, da editorial (Grupo Beroly), e Guillermo de la Fuente.
Debido ás restricións sanitarias a causa da COVID-19 é necesario reservar praza para asistir, inscribíndose nesta mesma web.
Pepitoria (sinopse do propio autor):
Seguindo o ronsel de Mi última reencarnación e Opereta doméstica (aínda inédita), Pepitoria vén redondear unha especie de triloxía na que o humor leva as rendas da narración. A disección dunha familia atípica e o seu encaixe na sociedade convidáronme nesta ocasión para entregarme sen recato ao absurdo e á ironía, ferramentas imprescindibles para comprender a realidade. Dona Idónea, Testigo e Papá Mauricio (tan inverosímiles, estrambóticos e enervantes como humanos, comúns e tenros) protagonizan un continuo sen sentido co que me propuxen ridiculizar os seres queridos para así poder querer os seres ridiculizados. O divertimento, levado aquí ata un punto no que a persoa lectora, indefectiblemente, rirá coa novela ou se mofará do seu autor, podería esconder, con todo, unha profunda reflexión.
Quinito López Mourelle:
En 2001 doutórase na Universidade Complutense coa tese La figura del héroe en la narrativa de Álvaro Cunqueiro, publicada en 2004 pola Deputación de Lugo.
Como novelista publicou Confines. Breve teatro para debutantes (2007), Pimienta Negra (2009), Sin Ana Beatriz (2011), Orquesta Voland (2012) (ed. Ézaro), Mi última reencarnación (2016) (ed. Zaerasilvar) e La herida de Bach (2019) (ed. Grupo Beroly). Escribiu ademais numerosos poemarios, dos que só viu a luz Nueva mitología del insomnio (2018) (ed. Grupo Beroly), con ilustracións de Juan Álvaro Pernía.
Tamén desenvolveu un variado labor como periodista cultural en medios como Cuadernos de Jazz, La Opinión (A Coruña), Táboa Redonda (El Progreso de Lugo/Diario de Pontevedra), Guía dos Libros Novos etc. O seu blog MARQUIDE para La Opinión (A Coruña), actualizado cada luns, cumpre agora o seu primeiro decenio.
Desde hai anos compaxina a escritura coa súa faceta de compositor e pianista. Gravou ata agora seis discos con temas orixinais e diferentes formacións: Pimienta negra (2008), Pavasaris (2010), Paradero desconocido (2012), Nostos (2014), Lontanaza (2015) e Suite de las ocho (2017). Actualmente ultima a publicación dunha nova gravación a dúo con Roberto Somoza (Reflexiones de un músico iletrado) na que se conxugan música e textos.
Tamén che pode interesar
Ata o 04/10/2024
ou ata esgotar as prazas vacantes
O programa AIX desenvolverase de novembro 2024 a maio 2025
Prazo de envío de solicitudes do 19/09/2024 ata o 02/10/2024, ambos incluidos
Dende o 16/09/2024 ata o 27/09/2024
Ata as 13:00 h.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible