Son enfermidades infecciosas que se transmiten ou contaxian nas relacións sexuais. Unhas son graves, como o V.I.H. (SIDA), e outras chegarán a selo se non se consulta canto antes, como a sífilis ou o V.P.H. (Virus do Papiloma Humano). Tómachas en serio e toma precaucións (usa o preservativo). Esquéceche do "a min non me pode pasar", porque unha soa práctica de risco é suficiente para o contaxio.
As ETS máis importantes:
Outras enfermidades non catalogadas como E.T.S. e que poden ter orixe sexual:
É importante coñecer os primeiros síntomas destas enfermidades para poder acudir ao médico inmediatamente.
Algúns síntomas das ETS son bastante comúns e iso, ás veces, é desconcertante. En xeral, sempre que notes algo diferente nos teus xenitais, ou cando notes que algo vai mal, igual que farías con calquera outro problema médico. E, dende logo, debes ir ao médico ante calquera destes síntomas, bastante rechamantes:
Aos centros de atención primaria, e aos centros de orientación ou planificación familiar.
Pero, sobre todo, lembra que máis vale previr que curar... ou lamentar. Por iso, emprega sempre preservativo nas situacións en que haxa risco de infección. E ten en conta que, salvo nas relacións con fidelidade mutua na que ningún dos membros padece unha ETS, en todos os demais casos pode haber risco (aínda que uns máis graves e evidentes que outros). Así que, cóidate! O preservativo (masculino ou feminino) é un método eficaz para previr as ETS. E no caso de que che diagnosticasen unha ETS, avisa á túa parella ou parellas sexuais e recoméndalles que vaian ao médico.
A Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) é unha enfermidade infecciosa producida por un virus chamado VIH (virus de inmunodeficiencia humana). A enfermidade en si é grave, sobre todo porque non existe aínda un tratamento que a cure, nin tampouco unha vacina que a preveña. Pero si que se sabe como se transmite, e polo tanto pódese evitar o seu contaxio.
A enfermidade caracterízase pola deterioración do sistema defensivo natural do organismo, dando lugar á aparición de infeccións e enfermidades, coñecidas no seu conxunto como SIDA. Cando alguén se infecta polo VIH, non padece inmediatamente a SIDA. Poden pasar incluso varios anos. A persoa infectada, portadora do virus (seropositiva), pode non ter síntomas durante bastante tempo; e cando os ten, moitas veces non se distinguen doutras enfermidades comúns. Pero durante ese tempo en que non desenvolve a enfermidade si que pode transmitila a outras persoas.
As vías de transmisión da SIDA son: o sangue, o seme e o fluxo vaxinal.
SEXUAL
Relacións sexuais con persoas infectadas. As prácticas sexuais con maior risco son o coito anal ou vaxinal sen preservativo e o sexo oral sen protección.
SANGUÍNEA
NAI-FILLO
Da nai infectada ao feto durante o embarazo, parto ou lactación.
O risco de transmisión a través de transfusións de sangue, hemoderivados ou transplantes de órganos é case inexistente, xa que existen controis sanitarios rigorosos deles.
A infección só se pode producir cando se realizaron prácticas de risco cunha persoa afectada. O problema é que non sempre é fácil saber se alguén está infectado ou non... A propia persoa infectada pode non saber que o está, porque a enfermidade, ao principio, non produce síntomas, e os primeiros non son moi característicos e pódense confundir con outras doenzas. Por iso, a única forma de saber con seguridade se se produciu a infección é mediante unha análise de sangue.
E lembra que o V.I.H. pode afectar a calquera persoa que non tome precaucións á hora de evitar a transmisión. Non é cousa dun colectivo concreto (os homosexuais, os drogadictos, os promiscuos, como se di ás veces). A sida pode afectar a calquera persoa, sen distinción de raza, orientación sexual ou número de relacións sexuais que se manteñan. Un só contacto de risco pode bastar para o contaxio.
É importante que saias de dúbidas canto antes: darache tranquilidade e permitirache avisar ás túas parellas sexuais pasadas, para que elas tamén poidan facer a proba; e ás túas futuras parellas, para evitar novos contaxios.
Podes saber se te infectaches ou non mediante unha sinxela análise de sangue que detecta os anticorpos contra o VIH.
A proba realízase de forma confidencial, voluntaria e gratuíta nos centros de atención primaria, centros de planificación familiar e nos centros de enfermidades de transmisión sexual.
Para poder realizar a proba teñen que pasar polo menos 3 meses dende que tiveches a última práctica de risco. Só así os resultados son fiables. Isto é así porque a análise que detecta a infección polo VIH determina a existencia de anticorpos específicos do VIH, e o organismo adoita tardar 3 meses en producir estes anticorpos. Estes 3 meses entre o momento da posible adquisición do virus e a análise denominouse "período ventá". Se alguén fai a análise do VIH sen deixar pasar ese tempo, podería obter o que se chama un "falso negativo": o corpo aínda non creou os anticorpos ao VIH, pero o virus está presente. Para que o resultado sexa verdadeiramente concluínte hai que facer a proba pasados estes 3 meses.
Canto antes detectes a enfermidade, antes podes tomar medidas preventivas para evitar novos contaxios, e poderás comezar un tratamento que mellorará moito a túa calidade de vida futura.
Utiliza sempre preservativo (masculino ou feminino) nas relacións sexuais cunha persoa infectada, ou con parellas descoñecidas. Utilízao durante toda a relación, e retírao antes de que termine a erección.
Nunca compartas material de inxección, nin utilices xiringas ou agullas usadas. Todos os instrumentos que poidan estar en contacto co sangue deben ser dun só uso ou desinfectarse antes de volver utilizarse. Ollo coas tatuaxes e os piercing! Deben realizarse con material dun só uso ou esterilizado.
Unha muller portadora do VIH embarazada debe recibir atención sanitaria regular dende o principio do embarazo, seguir tratamento médico, e evitar a lactación natural, porque o leite materno é unha vía de transmisión do virus.
E, se tes dúbidas, hai profesionais que te poden informar e axudar: á parte dos centros de orientación familiar, e o persoal sanitario, contas con varios teléfonos gratuítos de información sobre SIDA dende calquera punto de España:
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
28/11/2024
Dende o 13/11/2024 ata o 26/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible