Lembra que deberás levar a túa documentación en regra, comproba que o teu DNI ou pasaporte non estean caducados e se es menor de idade e non vas acompañado de teu pai/nai ou titor, deberás levar unha autorización paterna para viaxar ao estranxeiro.
Países aos que se pode viaxar co DNI en vigor
AVISO: Desde o 1 de outubro de 2021 o DNI deixou de ser válido para entrar no Reino Unido, agás para aquelas persoas que utilizaran este documento no seu rexistro do 'EU Settlement Scheme', que o poderán utilizar ata o 31 de decembro de 2025.
Podes consultar as páxinas do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación e do Ministerio de Sanidade.
Para obter asistencia sanitaria en Europa, solicita a Tarxeta Sanitaria Europea: un documento personal e intransferible que acredita o dereito a recibir as prestacións sanitarias que precises durante unha estancia temporal en Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romania, Suecia e Suiza. Tes que solicitala por internet, a través da Sede Electrónica da Seguridade Social (sede.seg-social.gob.es) e enviarancha ao teu domicilio.
Para outros países, deberás xestionar un seguro privado.
Para viaxar a algúns países é necesario poñer certas vacinas, por iso se vas a áreas non desenvolvidas pide cita no Servizo de Sanidade Exterior (Durán Loriga 3, 5º planta - A Coruña. Teléfono de cita previa: 981 98 95 70), onde recibirás o tratamento necesario. A consulta debería realizarse alomenos 4-8 semanas antes da viaxe e sería preferible antes no caso dunha viaxe de longa duración.
Nalgúns países onde as condicións sanitarias non son as máis adecuadas, deberás ter especial coidado coa auga. Bebe sempre auga embotellada, e procura non tomar alimentos crus.
Nalgúns países, pode resultar complicado atopar medicamentos, artigos de hixiene ou de primeiros auxilios. Sé previsor e inclúe unha pequena caixa de primeiros auxilios.
- Un carné de conducir emitido por un país da U.E. é válido en todos os demais estados membros. A póliza de seguro do teu coche ofréceche automaticamente a cobertura mínima (seguro a terceiros), que esixe a lexislación de calquera país da U.E. (tamén é aplicable a Islandia, Noruega e Suíza).
- Lembra que tes á túa disposición unha serie de carnés especiais cos que poderás obter interesantes descontos ou aloxarte en albergues:
MODALIDADE | PARA | DOCUMENTACIÓN | PRECIO |
Xove | Mocidade de 14 a 29 anos (ambos incluidos) | DNI ou Pasaporte | 5€ |
Adulto | Maiores de 30 anos | DNI ou Pasaporte | 10€ |
Grupo | Grupos, Organizacións, Asociacións... de mínimo 10 personas | CIF e DNI da responsable | 16€ |
Familiares | Familias 1 ou 2 adultxs con fillxs menores de 14 anos | DNI dxs Adultxs | 18€ |
Se che gusta ir de camping ou gozar da montaña tamén son de interese o Carné Internacional de Campista e o Carné Federado de Montaña.
- Ademais...
Ten coidado cos cartos, non leves moita cantidade en efectivo. O máis seguro é levar unha tarxeta de crédito, e ten en conta que o euro é a moeda común de 19 países da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.
Máis información sobre viaxar pola Unión Europea (países, dereitos, viaxar con mascotas, artigos que se poden levar, etc) en http://europa.eu/eu-life/travel-tourism/index_es.htm
Por último, infórmate ben en páxinas oficiais do país que vaias visitar sobre normas, leis e costumes que, en moitos casos, difiren de forma sustancial das leis españolas. Esta recomendación é especialmente importante no que se refire á tenencia e ao tráfico de estupefacientes (incluído o alcohol, nalgúns países).
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible