Un tipo de aloxamento económico son os albergues xuvenís. Ademais, moitos deles ofrecen actividades alternativas, como rutas de sendeirismo, cicloturismo, deportes naúticos...
Hostelling International é o nome da Federación Internacional de Albergues Xuvenís (IYHF) que engloba as distintas asociacións nacionais de albergues xuvenís, no caso de España a REAX. Podes utilizar estes albergues se tes o carné de alberguista.
Albergues asociados a Hostelling International
Ademais dos anteriores hai outros tipo de Albergues non integrados na Rede Internacional de Albergues Xuvenís, polo que non é necesario carné de alberguista. Páxinas como www.hostelworld.com ofrecen reservas en albergues independentes.
- O aloxamento en cámping é unha opción moi apetecible nos meses de verán, especialmente se che gusta o contacto coa natureza. Ademais, é unha forma de aloxamento realmente económica. Podes atopar moita información sobre cámpings en: www.eurocampings.net e https://fedcamping.com/
- Nalgunhas cidades, tanto de España como do estranxeiro, é posible conseguir aloxamento en residencias universitarias, que acollen viaxeiros durante os meses de verán. Teno moi en conta porque adoitan ser bastante baratas e os servizos que ofrecen moi aceptables.
A empresa RESA (Residencias de Estudantes S.A.) xestiona un bo número de residencias por toda España e ofrece estadías de corta duración durante todo o ano, para a comunidade universitaria, persoal administrativo, grupos culturais e deportivos, así como titulares do carné internacional de estudante, carné REAJ e similares.
- Unha modalidade de aloxamento moi habitual nalgúns países europeos como o Reino Unido, Irlanda, Alemaña ou Italia, é a "bed and breakfast" (literalmente, cama e almorzo), que consiste en aloxarse en casas particulares habilitadas para acoller viaxeiros e que normalmente ofrecen prezos máis económicos cós hoteis.
- Outras posibilidades menos convencionais:
https://www.couchsurfing.org O CouchSurfing é un sistema de intercambio de aloxamentos ("sofás") en casas de xente contactada a través da página web oficial. Pero este "intercambio de sofás", é ademais un intercambio cultural entre dúas ou máis persoas, os que aloxan e os que "surfean".
https://homeexchange.com/es para os que dispoñades dunha vivenda propia, e queirades cambiala por outra durante as vacacións noutra cidade ou país.
https://www.airbnb.es Airbnb é un mercado comunitario no que xente descobre e reserva aloxamentos en todo o mundo.
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible