Quedaches con algunha dúbida? Ponte en contacto connosco se necesitas ampliar a información.
Erasmus+ é o programa da Unión Europea no ámbito da educación, a formación, a mocidade e o deporte, que o 1 de xaneiro de 2014 substituíu ao Programa de Aprendizaxe Permanente (Xuventude en Acción e os programas de Educación Superior internacionais da UE con terceiros países).
A participación no programa pode levarse a cabo de dúas maneiras: Organizacións (presentan e xestionan os proxectos) e Participantes (de forma xeral, estudantes, profesorado, formadores, persoas que realicen prácticas profesionais, persoas voluntarias, xente nova -entre 13 e 30 anos-, persoas traballadoras no ámbito da educación, a formación e a mocidade).
No ámbito da xuventude e a educación non formal podes participar en:
DiscoverEU é unha iniciativa da Unión Europea que se enmarca nos proxectos da Acción Clave1 e ofrece ás mozas e aos mozos de 18 anos a oportunidade de viaxar en tren por Europa.
O Corpo Europeo de Solidariedade é unha iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é que a xente nova participe como voluntaria ou colaboren en proxectos que beneficien a comunidades e cidadáns de toda Europa.
As accións que abarca o Corpo Europeo de Solidariedade son :
Se queres participar nun proxecto de voluntariado deberás rexistrarte no Portal do Corpo Europeo de Solidariedade. Debes ter 17 anos, pero non poderás comezar no proxecto ata que teñas cumpridos os 18. A idade tope para participar son os 30 anos.
Ben, o primeiro paso era inscribirse no Portal.
Segundo paso, buscar proxectos do teu interese.
Terceiro paso, solicitar a participación nalgún dos proxectos.
E todo isto faise -> https://europa.eu/youth/home_es
Non, non se equivocou. O Camiño de Santiago non é un so camiño senón que hai diferentes rutas.
A máis coñecida e transitada é o Camiño Francés que parte de Roncesvalles, e entra en Galicia polo Cebreiro.
O Camiño do Norte, ruta paralela á costa cantábrica, comeza en Galicia en Ribadeo.
O Camiño Primitivo, que une Oviedo e Santiago.
O Camiño do Sudeste-Vía da Prata, procede de Andalucía e Estremadura e avanza pola vía romana da Prata ata Astorga donde se xunta co camino Francés ou tamén se pode desviar cara a provincia de Ourense.
O Camiño Portugués, une Lisboa e Santiago.O Camiño Inglés, que parte da Coruña ou Ferrol.
O Camiño de Fisterra-Muxía, é una ruta que xurde seguindo a tradición dos/as peregrinos/peregrinas medievais que continuaban o camiño desde Santiago ata Fisterra (o antigo fin do mundo).
E por último existen dúas rutas máis: unha marítima polo mar de Arousa e río Ulla, e un camiño alternativo que seguían os/as antigos/as peregrinos/peregrinas para entrar en Galicia nos meses de inverno e evitar as neves da montaña; o Camiño de Inverno.
Ao longo das rutas hai diferentes tipos de aloxamento. Os máis recoñecibles son albergues que xestionan diferentes entidades (concellos, comunidades autónomas, cofradías, parroquias...). Para utilizar os albergues públicos precisas presentar a credencial do/a peregrino/peregrina.
Pois iso dependerá da entidade que o xestione ou de se é un albergue público ou privado, pero en xeral os albergues públicos non admiten reservas e as prazas dispoñibles vanse ocupando según van chegado os peregrinos e peregrinas.
Ademáis, hai que ter en conta que moitos albergues se manteñen grazas aos donativos, e que noutros, como no caso de Galicia que son de xestión da Xunta, xa hai establecido un prezo. Non é moito, máis hai que telo en conta.
É un documento que te identifica como camiñante a Santiago, e que che irán selando ao longo da ruta (nos propios albergues, parroquias, ...). Podes conseguir esta credencial nos albergues ao comezo da ruta.
O Carné internacional de albergues serve para aloxarse en albergues que pertencen á rede internacional de albergues xuvenís Hostelling International www.hihostels.com Se ao longo da túa ruta hai algún albergue da rede e queres aloxarte nel, entón precisas este carné.
O carné de alberguista ten dúas modalidades: físico, que podes obter nalguns servizos de xuventude e nos propios albergues, e dixital, que podes solicitar na páxina da rede española de albergués xuvenís (www.reaj.com) e descargar no teu móbil.
Si, tes a posibilidade de tramitar diferentes carnés:
Os días 21/02/2025 ás 08:30 , 14/03/2025 ás 08:30
Dende o 27/01/2025 ata o 31/01/2025
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
Dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025
Ata o 02/12/2024
(novo prazo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible