Coñeces o Club de lectura QUEERuña?
O 28 de xuño de 1969 tiveron lugar os DISTURBIOS DE STONEWALL, unha redada policial contra as persoas bisexuais, lesbianas, transexuais, travestis e homosexuais que se encontraban no pub coñecido como Stonewall Inn (daquela, o bar gai máis famoso de Nova York) que remataron cunha persoa morta e centos de feridas.
Por que non fan algo?, dixo unha das mulleres arrestadas ás persoas presentes. Foi nese momento cando o ambiente se volveu explosivo, declarou un dos presentes.
Estes disturbios son citados como a primeira ocasión na que a comunidade LGTB loitou contra un sistema que perseguía as persoas homosexuais e son xeralmente recoñecidos como o catalizador do movemento moderno prodereitos LGTB en todo o mundo.
As municipais, pola nosa parte, temos un forte compromiso coas persoas que se achegan á biblioteca pública buscando información sobre o feito homosexual, bisexual e transexual. Sabemos que isto require de nós unha resposta eficiente. Esta resposta debe traducirse nunha integración total de materiais que toquen a temática LGTB nos nosos estantes e, ademais, no ciberespazo. Por todo isto unímonos á campaña municipal "Vive a túa Cor. Sexualidades Diversas, Identidades Libres" co obxectivo de reivindicar os dereitos e visibilizar ao colectivo LGTBQI:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible