A ciencia e a igualdade son moi importantes nas bibliotecas, por iso o 11 de febreiro nos sumamos á celebración do día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cun novo centro de interese na sala infantil da biblioteca do Fórum Metropolitano.
Neste centro, queremos responder ás materias STEM agrupando libros de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.
Así que, se queres aprender a pensar coma un xenio/a pero non sabes por onde empezar ou se sentes curiosidade por saber como funcionan as cousas e a miúdo te preguntas por que o mundo é como é, CienciaPro é o teu centro de interese, onde atoparás todas as respostas ás túas preguntas.
Mergúllate na aventura da Ciencia e descúbrea por ti mesma/o. Con CienciaPro ides alucinar!
Ademáis, do 7 ao 12 de febreiro 2020 adicamos cada día a homenaxear nas nosas redes a figura de 8 científicas galegas, para salientar a figura da Muller no mundo da Ciencia:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible