Clubs
Xuvenil / público adulto
Require inscrición
De outubro a maio
En que consiste o Club QUEERuña?
Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O Club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais da Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de Igualdade e Diversidade. No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas.
A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira arredor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para analizar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.
Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
Como participar?
Onde e cando?
Biblioteca |
Grupo | Día da semana | Prazas | Horario | Frecuencia |
Ágora | Grupo 1 | Primeiro martes do mes | 20 | 19.00 horas | Mensual |
Grupo 2 | Segundo martes do mes | 20 |
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible