Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ando na Coruña: A Coruña das aves

Por tipo de actividade:

Charlas e debates, Visitas guiadas

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

 + 19 anos

Cando:

Os días 12/04/2023 ás 18:00 , 10/05/2023 ás 18:00 , 14/06/2023 ás 18:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/04/2023 ata o 12/04/2023

Require inscrición previa. 

Horario:

12 de abril: 18:00 a 19:00 horas

10 de maio: 18:00 a 19:00 horas

14 de xuño: 18:00 a 20:30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

##AndoNaCoruña #ACoruñadasaves

Contacto:

Teléf.: 981 184 386

Biblioteca Estudos Locais

Ciclo dividido en tres sesións, dúas en forma de charla na Biblioteca de Estudos Locais e posteriormente nunha terceira sesión realizarase unha saída para a observación nun percorrido guiado pola contorna da Torre de Hércules.

1.ª sesión: entrega dun dossier con bibliografía e unha selección de fragmentos de texto ás persoas participantes para a súa lectura. Na xuntanza comentaranse tamén algúns títulos de libros sobre aves de carácter xeral.

2.ª sesión: tertulia sobre a lectura dos textos realizada arredor dos temas que espertaron máis interese entre as persoas participantes. Explicación e aclaración de dúbidas.

3.ª sesión: visita guiada á contorna da Torre de Hércules cun percorrido polos campos ao redor da Torre de Hércules e Punta Herminia. Espazo natural de interese local (ENIL). Observación de aves e a paisaxe e vista do océano. Lectura de textos breves.

Antonio Sandoval, encargado desta actividade, é ornitólogo, comunicador ambiental e escribe dende hai anos artigos de divulgación da naturaleza e libros.

Queres saber ...

  • Ando na Coruña

    En que consiste Ando na Coruña?

    ANDO NA CORUÑA é un programa que ten como obxectivo a divulgación de temas relacionados coa Coruña, calquera que sexa a súa especialidade, e a dos fondos que a Biblioteca de Estudos Locais teña sobre a dita temática.

    Persegue, ademais, dar a coñecer a BMEL como biblioteca especializada na cidade.

    O programa estará integrado, anualmente, por 3 actividades nas que se tratarán diferentes propostas relacionadas coa cidade. A temática incluirá calquera aspecto relacionado coa Coruña: arquitectura, personalidades, costumes...

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión