Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Conferencia de Javier Padín: A Biblioteca da Casa Consulado: o soño dun ilustrado

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

Cando:

24/10/2023

Xa rematou

Horario:

De 19 a 20 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

# #BibliotecasEComunidades #DiaDaBiblioteca #DiaDeLaBiblioteca #BibliotecaCasaConsulado

Contacto:

A Biblioteca de Estudos Locais é a biblioteca municipal coruñesa especializada na cidade. Este interese céntrase o día 24 de outubro, Día das Bibliotecas, en coñecer as bibliotecas que houbo e as que hai. Este ano coñeceremos a Biblioteca Casa Consulado, a máis antiga en funcionamento da Coruña. Falaranos dela o Presidente do Padroado da Fundación Biblioteca Casa Consulado, Javier Padín Martínez.

A Biblioteca do Real Consulado foi a primeira Biblioteca Pública en establecerse na Coruña baixo o amparo do Real Consulado de Mar e Terra, en 1803, e foi aberta ao público en 1806.

É unha Biblioteca principalmente de fondo antigo, con fondos bibliográficos, documentais e cartográficos desde o século  XV.  A maior riqueza de libros corresponde aos séculos  XVIII e primeiro cuarto do  XIX.

Está considerada como un centro de consulta imprescindible para os investigadores da realidade histórica coruñesa, galega e universal nas súas diversas manifestacións, e colabora con todo tipo de institucións  culturais de calquera parte do mundo.

Desde a fundación da Biblioteca da Casa Consulado , a súa sede está no edificio do Real Consulado Marítimo e Terrestre da cidade da Coruña, representativo do estilo  neoclásico coruñés.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión