Accede ápáxina web de ABAC
Charlas e debates
Para público en xeral
20/10/2022
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
19.00 h
60 min.
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
Corazón do Barrio 2022 estará adicado á saúde e o benestar, temática tratada polo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número tres.
Esta charla está enfocada á prevención dos trastornos alimentarios no ámbito familiar.
Os trastornos da conduta alimentaria son enfermidades mentais con graves repercusións para a saúde, o prognóstico mellora se se detectan e se tratan precozmente. Neste tipo de trastornos están a anorexia, a bulimia, a vigorexia e outros.
Nesta charla coñeceremos as primeiras sinais de alarma. Estará impartido por psicólogos de ABAC (Asociación de bulimia e anorexia da Coruña) e dirixido a nais, pais, orientadores e titores.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible