Accede aoblog de Deborah García Bello
Charlas e debates
Para público en xeral
02/10/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
18.30 h
90 min.
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
Corazón do Barrio 2019 estará adicado á ciencia. Achegamos a ciencia á nosa vida cotiá ofrecendo charlas, obradoiros e unha ampla selección temática.
Para esta actividade contamos coa colaboración de Deborah García Bello, química e divulgadora científica, autora de Todo es cuestión de química y Que se le van las vitaminas e tamén dun blog polo que recibiu o Premio Bitácoras 2014 ao mellor blog de ciencia nacional.
Nesta ocasión a charla centrarase na alimentación porque vivimos rodeados de mitos sobre este tema. Un adecuado coñecemento da ciencia pode axudarnos a solventar moitas dúbidas na nosa vida cotiá, por exemplo sobre o aceite de palma, o glute, o azucre, os aditivos alimentarios, etc.
Haberá tamén algún pequeno experimento caseiro para completar a actividade
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible