Accede ao Instagram de Concha Pita
Outras actividades
Para público en xeral
21/03/2023
Xa rematou
Dende o 14/03/2023 ata o 21/03/2023
Require inscrición
19.00 h
60 min
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
O Corazón do Barrio 2022 está adicado á saúde e o benestar, temática tratada polo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número tres. Engadimos estas actividades debido ao interés por este tema.
As artes que traballan as enerxías son disciplinas onde o autocoñecemento é a base da práctica e da terapia. A través destes sistemas accedemos ao noso ser que é pura enerxía, a esencia mesma do Universo.
Nesta actividade expondremos e poremos en práctica as bases da respiración natural e da meditación.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible