Contacontos
Infantil
De 3 a 8 anos
12/11/2018
Xa rematou
Dende o 05/11/2018 ata o 12/11/2018
Require inscrición
18.00 horas
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
É rara a vez en que as personaxes femininas aparecen como donas do seu destino ou con características como a valentía ou o espírito aventureiro. O máis habitual, de feito, é que estean vencelladas e subordinadas a personaxes masculinos que aparecen como suxeitos necesarios para "complementar ou dar sentido á existencia feminina".
Son escasos os contos para a infancia nos que os roles dos coidados aparecen repartidos e compartidos entre homes e mulleres, perpetuando estereotipos de xénero e contribuíndo negativamente a unha educación en igualdade.
Da man dos Ratos de Lonxe de Todo, da compañía Trinketrinke Teatro, e a través de varios contos, traballaranse nos modelos de igualdade, libres de prexuízos de xénero. A literatura infantil non é allea a este problema.
Entre os obxectivos que persegue esta actividade, a través da literatura infantil atópanse:
Os contos que forman parte da sesión son: Suave y calentito, Héctor, el hombre extraordinariamente fuerte
Esta sesión de contacontos forma parte da programación do Centro de Planeamento Familiar da Coruña na celebración do seu 35º aniversario.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible