Contacontos
Infantil, Familias
Dirixido a nenos e nenas de 2 a 4 anos
19/04/2024
Xa rematou
Dende o 12/04/2024 ata o 19/05/2023
Require inscrición
De 18.00 a 19.00 h
1 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
Falando a Boca Chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público.
O venres 19 de abril ás 18.00 h recibimos, na Biblioteca Fórum, a Pablo Díaz neste contacontos para nenos e nenas de 2 a 4 anos.
Nesta ocasión o músico e contacontos, Pablo Díaz, propón unha viaxe virtual por todo o mundo a través de contos tradicionais e de autor que tratan diversas temáticas: integración, igualdade, valoración da lingua, etc.
Os contos son cantados e contados en galego.
Nas sesións aparecen diversos instrumentos como gaita, percusión galega, clarinete, frautas, harmónicas, e como non, a guitarra para poñer colofón a unha sesión divertida onde poderán cantar varios temas dos seus 5 traballos discográficos.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible