Charlas e debates, Concertos e recitais
Para público en xeral
25/11/2024
Entrada libre ata completar a capacidade
De 19.00 a 20.50 horas
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Biblioteca Municipal de Estudos Locais
Teléfono: 981 184 386
Homenaxe á soprano coruñesa María Luisa Nache, unha das grandes divas da escena operística mundial.
Con motivo do centenario do nacemento dunha das grandes divas da ópera internacional, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais réndelle homenaxe a María Luisa Nache cun acto conmemorativo que destacará a súa traxectoria e legado.
María Luisa Nache fixo o seu debut no Teatro Rosalía de Castro no papel principal da ópera Aída, e desde entón, ata a súa retirada dos escenarios, percorreu os principais teatros líricos do mundo, interpretando sempre roles protagonistas. Entre os seus logros, destaca a súa actuación na Scala de Milán, onde cantou a ópera Medea xunto á lendaria María Callas.
Durante o evento, proxectarase un vídeo con material documental que a biblioteca conserva sobre a figura de Nache, extraído da colección Ramiro Cartelle, adquirida polo Concello no ano 2000.
Posteriormente, o doutor en Estudos Literarios e licenciado en Filosofía e Letras José Luis Méndez Romeu ofrecerá unha conferencia titulada "María Luisa Nache: a soprano internacional coruñesa".
Para pechar a homenaxe, a soprano moldava Clara Jelihovschi, profesora e pianista acompañante no Conservatorio Estatal de Chisináu, ofrecerá un concerto con pezas destacadas do repertorio de María Luisa Nache, acompañada ao piano por Gabriel López, profesor do Conservatorio de Música da Coruña.
Entrada libre ata completar a capacidade
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible