Visita a listaxe de reprodución de YouTubedesta actividade
Cursos e formación, Outras actividades
Infantil
De 8 a 12 anos
07/11/2018
Xa rematou
Dende o 31/10/2018 ata o 07/11/2018
Require inscrición
De 17 a 18:30 horas
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza de Pablo Iglesias s/n. 15009 A Coruña
981184390
Actividade enmarcada no ciclo de outono Corazón do barrio 2018: Mundo sen Guerras e sen Violencia. A paz será un tema transversal nos distintos programas da biblioteca.
Neste obradoiro contamos coa colaboración de ADAFAD, entidade que asiste ás familias no ámbito da información, atención psicosocial, prevención e xestión de conflitos.
O obxectivo destas dúas sesións é potenciar nos nenos e nenas as habilidades personais e o traballo cooperativo para unha convivencia saudable dende o respeto ás diferenzas. Tamén se fará énfase na prevención de situacións de acoso escolar e ciberacoso.
Trátase de levar ás relacións máis próximas ao terreo da paz, e aprender recursos de comunicación para conseguilo.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible