Visita a páxina web de Acampa
Charlas e debates
Para público en xeral
+ 14 anos
14/11/2018
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
19.00 h
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza de Pablo Iglesias s/n. 15009 A Coruña
Corazón do Barrio 2018 está adicado á Paz e a NonViolencia. As persoas usuarias poderán coñecer o proxecto da II Marcha Mundial pola Paz do 2019 e participar en distintas actividades para todas as idades.
Contamos coa intervención de Xosé Abad, fotoperiodista e impulsor do proxecto Acampa e tamén a axuda da Asociación Humanista Internacional Mundo sen Guerras e sen Violencia.
Acampa pola paz e o dereito ao refuxio naceu para traballar na unidade de acción de organizacións e cidadanía fronte ao desamparo no que os estados actuais deixan a familias que solicitan un dereito elemental, o dereito ao refuxio. Persoas que escapan das consecuencias das políticas agresivas e inhumanas de grandes corporacións.
En definitiva, Acampa tenta responder solidariamente e exigir que se respecten os dereitos humanos en todo o planeta.
No segundo ano de vida de Acampa, a asociación quere profundizar nunha cuestión grave, urxente e non recoñecida por ningún gobierno: o dereito ao refuxio por cambio climático.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible