Concertos e recitais
Persoas adultas
24/06/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
20.30h
1h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Continúa imparable a 10ª edición do ciclo mensual de recitais POETAS DI(N)VERSOS, as citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, conducidas por Yolanda Castaño, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
O luns 24 de xuño unha Coruña en festa pechará a décima edición do ciclo no que recibirá as poéticas telúricas de Carlos Negro e de Hinemoana Baker.
O poeta lalinés non é só o indiscutible referente da poesía galega para a rapazada adolescente, senón que a súa obra para adultos e adultas evoca a estirpe familiar, o territorio e a paisaxe.
Tamén cantan a estirpe e a terra os versos dunha cradora polifacética por cuxas veas corre sangue aborixe.
Un autor e unha autora que dominan a escena e os recursos comunicativos.
Queres saber ...
En que consiste Poetas di(n)versos?
O ciclo "Poetas di(n)versos" está composto de citas mensuais coa mellor poesía de Galicia e do resto do mundo. Son actos de arredor dunha hora de duración, abertos e totalmente gratuítos, nos que propios e estraños poderán gozar de versos lidos en idioma orixinal e en tradución ao galego, nas voces dos seus autores e autoras, para descubrir a forza e emoción da palabra lírica.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible