Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Poetas di(n)versos outono 2024

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

Os días 07/10/2024 ás 20:00 , 04/11/2024 ás 20:00 , 23/12/2024 ás 20:00

Horario:

20.00 horas 

Duración:

60 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde con entrada libre

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

A décimo sexta edición de Poetas Di(n)versos trae poetas en romanés, árabe e catalán chegados dende Transilvania á antiga Mesopotamia. A nova edición anual comezará o vindeiro luns 7 de outubro ás 20.00 horas no Centro Ágora, con Radu Vancu (de Sibiu) e Xabier Xil Xardón (de Xinzo de Limia). O ciclo, organizado polo Concello en colaboración coa poeta e Premio Nacional de Poesía 2023 Yolanda Castaño, está consolidado como a única cita estable de España que acolle poetas internacionais mes tras mes.

Á volta do verán e por décimo sexto curso consecutivo, a programación poética do Concello da Coruña propón novos recitais poéticos internacionais xunto a voces en galego. A carón de poetas chegados dende A Limia, As Pontes ou Ferrol, chegarán outros e outras dende Transilvania, Iraq ou Cataluña cos seus versos en romanés, árabe e catalán. O ciclo de lecturas públicas, abertas e gratuítas e impulsado polo Goberno de Inés Rey, está coordinado pola poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, recoñecida o pasado ano co Premio Nacional de Poesía. Foi inaugurado en 2009 e converteuse nunha cita de referencia pola súa regularidade, diversidade e alta calidade literaria proxectada a través da voz dos seus propios autores e autoras.

Así, o trimestre inaugural e de outono desta décimo sexta edición comezará este próximo luns 7 de outubro, coma sempre no Centro Ágora ás 20.00 h. Farao co romanés Radu Vancu e o limiao Xabier Xil Xardón. O galego, Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, leva case dúas décadas intervindo en recitais, volumes colectivos e combinacións de poesía, audiovisual e artes escénicas. Pola súa banda, o prolífico e multipremiado autor nacido en Sibiu é tamén ensaísta, tradutor, antólogo, profesor universitario, redactor xefe da revista literaria Transilvania e editor de Poesis International.

Á cita de outubro seguiralle o recital da consagrada autora en lingua árabe Duna Ghali e da premiada co Miguel Glez. Garcés e o Premio Afundación de Poesía, Medos Romero. A iraquí e a pontesa compartirán escenario do Ágora o luns 4 de novembro. Para rematar o ano e os primeiros tres meses de lecturas, o luns 23 de decembro recitarán o ferrolán Mario Regueira, un dos críticos literarios galegos de maior relevo ademais de poeta e narrador, e unha das voces máis fulgurantes e prometedoras da nova literatura catalá, Pol Guasch.

Todas a lecturas ofrecerán folletos coleccionables coas biografías e poemas das persoas convidadas e emitiranse igualmente por streaming.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión