Charlas e debates
Persoas adultas
+ 14 anos
09/05/2023
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
18.30h
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184389
Remata o ciclo de encontros literarios na Biblioteca Os Rosales, nestes meses de primavera 2023, dirixidos tanto aos tres clubs de lectura, Café con libros, como ao resto da poboación do barrio e da cidade. Aínda que promovemos e asistimos á variada oferta literaria da cidade ao longo do ano, sempre é unha motivación extra para todas, contar con autoras e autores na nosa propia Biblioteca e/ou con actividades específicas dirixidas ás lectoras fieis de Café con libros.
Coincidindo co mes das Letras Galegas, celebramos convidar á Biblioteca Os Rosales a Diego Ameixeiras, autor de novela negra en galego. Cos grupos de Café con libros imos traballar polo miúdo as súas novelas O cervo e a sombra e a xa mítica Asasinato no Consello Nacional. Sendo estas obras a porta de entrada para mergullarnos no conxunto da súa prosa.
Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976) é escritor e xornalista. Publicou en Xerais todas as súas novelas: Baixo mínimos (2004); O cidadán do mes (2006); Tres segundos de memoria, Premio Xerais de Novela (2006); Dime algo sucio (2009), Premio Especial da Dirección da Semana Negra de Xixón; Asasinato no Consello Nacional (2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; Historias de Oregón (2011), Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia; Todo OK (2012); Matarte lentamente (2013); Conduce rápido (2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015, finalista Premio Hammett 2017; A noite enriba (2015), A crueldade de abril (2018) e O cervo e a sombra (2021), Premio da Crítica Española, 2022 - Premio Follas Novas (Narrativa), 2022. Escribe ademáis habitualmente en La Voz de Galicia.
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible