Martin Mallo, voluntario en "Lecturas de ti a ti"
Lecturas de ti a ti é unha actividade desenvolvida dende a Biblioteca Ágora que consiste na lectura en voz alta dunha persoa voluntaria, dun texto de maneira individual, de ti a ti. Ao finalizar as lecturas, a persoa voluntaria fomentará a participación e o intercambio de impresións, tentando promover as relacións persoais e o diálogo; procurando ofrecer un tempo de atención personalizada.
Imos coñecer a Martín Mallo, bibliotecario
En que programa colaboras?
Actualmente colaboro no programa de voluntariado "Lecturas de ti a ti"
Por que te fixeches voluntaria/o?
Polo dedesexo de facer algo positivo e significativo no noso entorno.
Participaches o participas en accións similares?
Sí, teño participado en varios ao longo de anos. Alfabetización de persoas estranxeiras, colaboración con ONGs e outros.
Que che achega a túa actividade como voluntario nas Bibliotecas Municipais?
O principal é saber que eu lles achego algo a outras persoas. Pero ademáis é unha experiencia enriquecedora que permite vivir situacións únicas.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible