Cartel de Viñetas desde o Atlántico 2023. Obra de Manel Cranio.
A Coruña convértese un ano máis na capital do cómic para programar, do 7 ao 13 de agosto a 26º edición desta mostra internacional de referencia.
Viñetas desde o Atlántico, o festival internacional de cómic da Coruña que ten lugar anualmente no mes de agosto desde 1998 chega este ano ao seu XXVI edición.
O ilustrador local Manel Cráneo (@manelcraneo) asina o cartel desta edición que dá voz e presenza ás mulleres no mundo do cómic, buscando a diversidade, abrindo xanelas ao mundo da animación e a poesía gráfica e pon en valor ás creadoras e creadores locais e tendendo pontes con Autobán.
Entre o 7 e o 13 de agosto haberá un amplo conxunto de exposicións, charlas e conferencias e visitas de artistas convidados como Laura Pérez Vernetti, Alberto Vázquez, Teresa Radice, Stefano Turconi, Isa Feu, Marta Guerreiro, Marika Vila ou Elisa McCausland, entre outras, ademais de realizar merecidos homenaxes aos recentemente desaparecidos Calpurnio Pisón e Francisco Ibáñez.
O festival contará con seis grandes exposicións, ademas de visitas, unha mesa redonda, proxeccións de cinema, música, obradoiros para profesionais e público infantil, ademais de acoller o encontro sectorial de editoriais e librarías especializadas de toda España na Rúa de Banda Deseñada.
Coma sempre, as Bibliotecas estaremos moi presentes, tanto no propio festival cunha caseta propia onde realizaremos préstamos das últimas novidades e das obras das autoras e autores convidados, así como nas actividades que organizamos ao redor desta temática nas nosas bibliotecas:
Tes toda a información no blog de cómic Fancómic.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible