Entre o 3 de outubro e o 30 de decembro a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano vai organizar unha mostra bibliográfica e actividades complementarias para todas as idades co eixo central adicado á Filosofía e o pensamento crítico.
Dentro da mostra teremos unha sección especial para Filosofía en galego.
Aproveitamos ademais a coincidencia no tempo en que o terceiro xoves do mes de novembro é declarado pola UNESCO o Día Mundial da Filosofía, e facemos extensibles os seus obxectivos ás nosas actividades. Queremos destacar a importancia desta disciplina, especialmente de cara á xente nova, e tamén para suliñar que «a filosofía estimula o pensamento crítico e independente e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia».
Desde a UNESCO aléntase nesta data aos gobernos, institucións educativas e organizacións en xeral a programar actividades sobre o tema da filosofía co público en xeral e nós, como non podía ser doutra forma, fixémolo:
Elixe a túa
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible