Cartel de Viñetas desde o Atlántico 2016
Viñetas desde o Atlántico, o festival internacional de cómic da Coruña, que organiza a Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento, celébrase anualmente no mes de agosto desde 1998 chegando este ano á súa XIX edición.
Entre o 8 e o 14 de agosto haberá un amplo conxunto de exposicións, charlas e conferencias e visitas de artistas convidados como Cristina Bueno, Nadar, Jorge González, Daniel Torres ou Rubén Pellejero. Tamén se realizarán presentacións de novidades editoriais e actividades lúdicas que se complementan coa feira de libreiros e editores. Tes toda a información no blog de cómic Fancómic.
Neste festival as bibliotecas estamos moi presentes, tanto no propio festival como nas actividades que organizamos arredor desta temática.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible