Este ano o Centro de Planificación Familiar Municipal cumpre 35 anos, unha ocasión que paga a pena celebrarmos para visibilizarmos así o importante labor que vén facendo desde os seus inicios.
Creado no ano 1983 polo Concello da Coruña, comezou a dar cobertura a unha das necesidades de saúde máis demandadas pola veciñanza, a atención á saúde sexual e reprodutiva que, no seu día, aínda non estaba contemplada como prestación sanitaria dentro da Seguridade Social. Durante estes 35 anos de traballo, o centro mantivo o espírito innovador e reivindicativo que caracterizou o seu nacemento, de servizo á cidadanía e de acción polos dereitos sexuais e reprodutivos de todas as persoas, especialmente daquelas máis atravesadas polas violencias e a desigualdade: nenas, rapazas, mulleres e persoas LGBTIQ.
En cada unha das bibliotecas da Rede van desenvolver unha serie de actividades como faladoiros sobre a educación afectivo-sexual e obradoiros sobre igualdade dirixidos a persoas responsables de crianzas e/ou docentes, e contacontos dirixidos a público de entre 3 e 8 anos nos que se abordarán, entre outras cousas, as novas paternidades.
Busca a túa no folleto coa programación completa ou no buscador web de actividades!
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible