Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

As municipais entenden 2021

Somos. Estamos. Amamos.

Este é o lema da campaña municipal para o Orgullo 2021 e á que desde as bibliotecas contribuímos día a día durante todo o ano, especialmente desde o ano 2009, momento en que poñemos en marcha a iniciativa "As municipais entenden".

Froito do noso compromiso firme coas diversidades sexuais e de xénero os materiais dispoñibles no catálogo multiplícanse e identifícanse facilmente porque somos conscientes da necesidade de visibilizar referentes que tradicionalmente foron silenciados, agochados.

Últimas incorporacións

Recollemos nesta publicación dixital algunhas das últimas incorporacións ao catálogo editadas entre os anos 2020 e 2021. Son unha pequena mostra de todo o que poderás atopar nas seleccións destacadas que estes días poderás ver nas bibliotecas:

Mais somos tamén conscientes de que non abonda con identificar e destacar os materiais; cómpre tamén facilitar espazos seguros para o debate, a reflexión e o encontro. Con esta finalidade puxemos en marcha no ano 2016 o que sería (e aínda é) o primeiro e único club de lectura LGTB de Galicia: o #QUEERuña.

O catálogo das bibliotecas destaca os materiais que reflicten a realidade LGTB e para facilitar a súa localización ofrecemos videotitoriais específicos coma o que podes atopar ao final desta páxina.

Mais tamén nutrimos as canles que temos activas en Spotify e Ivoox: ampliamos a selección musical na listaxe "As municipais entenden" e poñemos as nosas voces nas lecturas curtas que grabamos dos nosos textos favoritos. Con estes audios poderás escoitarnos lendo materiais LGTB dentro da iniciativa "Lemos para ti".

Descubre máis

Lemos para ti: As fauces feroces, de Emma Pedreira

Lemos para ti: Fóra do normal, de María Reimóndez

Lemos para ti: Oliver Button é unha nena, de Tomie de Paola

Lemos para ti: Las malas, de Camila Sosa Villada

Lemos para ti: De nombre y hueso: relatos oscuros trans

Lemos para ti: Querido Eduardo: Cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor

Lemos para ti: Sonetos del amor oscuro, de Lorca

Lemos para ti: prólogo de Elisa e Marcela

Lemos para ti: El amor del revés, de Luisgé Martín

Lemos para ti: Transmatria, de Daniel Asorey

Lemos para ti: A Virginia le gustaba Vita, de Pilar Bellver

Lemos para ti: poema inédito de Lucía Aldao

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión