Van xa cen anos desde que Emilia Pardo Bazán non está entre nós e aínda as súas obras, os seus pensamentos, a súa vida... seguen a estar de actualidade.
Descubre ao longo destes días o que temos preparado sobre esta figura tan senlleira da nosa intelectualidade. Arrincamos en maio e rematamos en decembro cunha morea de eventos:
Esperámoste!
CICLO TEMÁTICO: EMILIA PARDO BAZÁN E O SEU TEMPO
Do 20 de setembro ao 15 de decembro
Ao cumprirse o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, A Coruña, cidade que a vira nacer, entrégase a unha homenaxe que intenta achegarse a todos os ámbitos polos que transitou esta prolífica escritora.
Dende a Biblioteca Fórum Metropolitano centraremos o ciclo temático na época que lle tocou vivir incluíndo lecturas, contexto histórico xeral e a súa relación amorosa e epistolar co escritor canario Benito Pérez Galdós.
A partir de 1890 Emilia Pardo Bazán deixou atrás o naturalismo e explorou o idealismo e simbolismo. Xa separada do seu marido, a escritora continuou reuníndose e nutríndose dos intelectuais da época e das correntes artísticas. A súa obra comezaba a ter un claro compoñente feminista nunha loita incansable pola emancipación social e intelectual da muller.
Con Galdós, por entón próximo tamén ao naturalismo, xa mantivera previamente unha relación literaria. A confirmación desta relación que durará máis de vinte anos e os seus detalles, reveláronse a partir de 1970 tras a publicación de 32 cartas inéditas de Emilia a Galdós.
Dentro deste ciclo están programadas unha serie de actividades complementarias para público infantil e adulto (un faladoiro, un contacontos e unha presentación literaria) das que tes máis información ao pé de páxina. Non as perdas!
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible