2022 é o Ano Internacional María Casares. As bibliotecas municipais únense ao resto da programación municipal para dar a coñecer a esta importante muller de orixe coruñesa que foi unha gran dama do teatro francés e unha personaxe moi influente da vida cultural e social da Francia do século XX.
O noso programa, Lemos para ti, dedícalle un ciclo temático a través da lectura de fragmentos que van desde a súa propia autobiografía, "Residente privilexiada", ata obras como: estudos, biografías, artigos ou literatura. Pequenas pingas que che mostrarán a intensa e apaixonante vida de María Casares.
Arrincamos en febreiro e os podcast están dispoñibles nas nosas canles de Ivoox e Spotify!
Pica para escoitar máis podcast a continuación
Podes escoitar máis podcast sobre María Casares picando na ligazón:
Máis podcast a continuación!
Máis podcast a continuación!
Serie de audios biográficos sobre a María Casares dispoñibles nas nosas canles de Ivoox e Spotify.
Co gallo do Ano Internacional María Casares, o Concello da Coruña presentou o podcast biográfico "María Casares: Da Coruña a Residente Privilexiada", un proxecto creado en colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia no mes de xullo de 2022.
As gravacións foron feitas no marco da exposición "María Casares, actriz océano. Itinerario vita dunha exiliada", realizada no Kiosco Alfonso da Coruña.
Coa condución de María Lopo, doutora en literatura francesa e especialista en María Casares, e lecturas das actrices Cora Velasco, Rebeca Solla e María Francelina.
Gravación e edición: Sondeson / Música: Vals da Teixeira - Tiruleque.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible