Campaña polo Día da Muller e a Nena na Ciencia
En ciencia e tecnoloxía, como noutros campos profesionais, as mulleres foron invisibles ao longo da historia e, en moitos casos, o seu traballo atribuído aos homes, tanto é así que non temos ningunha dificultade en citar a 10 científicos, pero si que temos que pensar no nome de 10 científicas.
O próximo 11 de febreiro terá lugar o día da Muller e a Nena en Ciencia, desde as Bibliotecas Municipais queremos renderlle a nosa particular homenaxe a científicas galegas que cada día traballan desde os seus campos de investigación para mellorar a sociedade na que vivimos. Para iso destacaremos a 9 para reivindicar a existencia mulleres na ciencia e dar a coñecer o seu traballo.
No marco do 11F, Día da Muller e a Nena na Ciencia, as Bibliotecas Municipais da Coruña convídanche a mergullarte na inspiradora historia de 9 mulleres científicas que deixaron a súa marca na ciencia galega.
Sabías que a historia da ciencia está chea de mulleres brillantes que contribuíron significativamente pero permaneceron nas sombras? Rachemos con ese silencio e rendámoslle homenaxe ás nosas científicas locais.
Acompáñanos durante varios días en cada unha das nosas 9 bibliotecas, onde cada espazo iluminarase coa fascinante historia dunha científica galega que desafiou barreiras e conquistou o mundo da ciencia.
Descubre, celebra e aprende sobre o impacto que estas mulleres tiveron en campos como a medicina, a tecnoloxía, a bioloxía e máis. Porque a ciencia non ten xénero, e queremos que coñezas a estas incribles pioneiras.
Únete á Campaña Muller e Ciencia na Coruña e axúdanos a visibilizar o talento feminino no mundo da ciencia!
Científicas Galegas
Científicas galegas homenaxeadas outros anos:
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible