Cursos e formación
Persoas adultas
Require inscrición
De outubro a maio. Semanal
En que consisten estas actividades?
Hai persoas que teñen dificultades no acceso á lectura por diversas razóns: pouca ou nula escolarización, mala comprensión de textos, alfabetización noutra lingua...
Trátase de manter reunións para a lectura e análise de textos sinxelos que propicien unha progresiva mellora na súa compresión, a perda do medo á lectura doutros textos máis complexos e a mellora na expresión oral e escrita.
Estas actividades son desenvolvidas por persoas voluntarias. (Para saber máis: Son voluntario/a )
Alfabetización para persoas adultas - Biblioteca Ágora
O programa está centrado na formación básica informal para persoas maiores que por determinadas circunstancias na súa infancia e/ou mocidade non tiveron acceso ao ensino regrado ou o tiveron moi limitado.
Club de Lectura en voz alta - Biblioteca Ágora
É unha liña de traballo de formación non regrada baseada na lectura en voz alta de libros a grupos de persoas cunha escolarización deficiente ou que tiveron que abandonar os estudos a unha idade moi temperá.
Ten como finalidade mellorar as competencias de lectura, escritura, comprensión, coñecementos básicos e cultura xeral das persoas que asisten ás sesións.
Como participar?
Onde e cando
Actividade | Lugar | Día | Hora |
Alfabetización para persoas adultas - Cáritas | Biblioteca Ágora | Luns/martes/mércores/venres | 17.00 horas |
Alfabetización para persoas adultas - RISGA |
Biblioteca Ágora | Luns/martes/mércores/xoves | 10.00 horas |
Lectura en voz alta | Biblioteca Ágora | Luns/mércores | 12.00 horas |
Programas relacionados
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible