Contacontos
Infantil de 2 a 4 anos / Familias.
Require inscrición
De outubro a maio. Quincenal
Só os nenos e nenas necesitan inscribirse. Cada persoa poderá realizar un máximo de 2 inscricións.
Como participar:
Onde e cando
Biblioteca | Día | Hora | Prazas | Frecuencia |
Biblioteca Castrillón | Xoves | 18.00h | 20 | Quincenal |
Biblioteca Fórum | Xoves | 18.00h | 20 | Quincenal |
Biblioteca Monte Alto | Mércores | 18.00h | 20 | Quincenal |
Biblioteca Sagrada Familia | Martes | 18.00h | 20 | Quincenal |
Moi importante
Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo/a algúns libros para levarvos a casa. A lectura compartida en familia, día tras día, brindaravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.
Aproveita as suxestións e recomendacións que che facemos. Resultarache máis doado seleccionar materiais adecuados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en pedir toda a axuda que necesites ao persoal bibliotecario.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible