Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

CantoConto!

Tipo de actividade:

Contacontos

A quen vai dirixido?:

Infantil de 2 a 3 anos / Familias

Require inscrición

De novembro a maio. Quincenal

En que consiste CantoConto!?

Programa de animación á lectura dirixido a familias con crianzas de 2 e 3 anos no que achegaremos os libros e a música dunha maneira atractiva e lúdica. Compartiremos contos, cancións, ladaíñas, poesías,... para  iniciar o camiño do hábito lector.

Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. Unha mesma persoa poderá realizar un máximo de 2 inscricións por sesión.

Como participar

  • Para poder participar en CantoConto! requírese inscrición previa
  • A inscrición ábrese unha semana antes da realización de cada sesión, ás 10.00 horas
  • As prazas adxudícanse por rigurosa orde de inscrición

Onde e cando

Habitualmente, os horarios serían os seguintes:

Biblioteca Día Hora Prazas Frecuencia
Biblioteca Municipal Durán Loriga Mércores 18.00 h. 15 Quincenal
Biblioteca Castrillón Xoves 18.00 h 15 Quincenal
Biblioteca Fórum Xoves 18.00 h 20 Quincenal
Biblioteca Sagrada Familia Martes 18.00 h 20 Quincenal

Moi importante

Ao finalizar a actividade non esquezas seleccionar co teu fillo ou filla algún dos libros para levalos para a vosa casa. A lectura compartida en familia, día tras día, daravos unha excelente oportunidade para fortalecer a vosa relación e enriquecer a comunicación familiar. Fai da lectura compartida un membro máis da túa familia.

Aproveita as suxerencias e recomendacións que che facemos. Resultarache máis sinxelo seleccionar materiais axeitados para unha determinada idade ou sobre un tema concreto e non dubides en pedir toda a axuda que precises ao persoal bibliotecario.

Documentos:

Folleto CantoConto 2024/2025 (1 MB)

Actividades relacionadas

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión