Bebeteca
Bebés, Familias
Bebés de 0 a 24 meses.
11/01/2025
Dende o 04/01/2025 ata o 11/01/2025
Require inscrición.
De 11.30 a 12.30 h.
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
981 184 389
Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras,o ritmo e as historias.
Encontros onde se brinda ás familias a oportunidade de achegarse aos seus fillos a través dos libros e concienciarse da importancia de ler cos nenos e de convertirse en modelos ante a lectura. Non olvidemos que no fogar é onde a lectura encontra ou desencontra un espazo. Dende as bibliotecas colaboramos para que o teña.
Queres saber ...
En que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstrase aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos,... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios e bebés escóitanse, miran e manipulan libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible