Outras actividades
Para público en xeral
Dende o 13/05/2021 ata o 25/05/2021
Xa rematou
Transforma con nós a poesía de Xela!
Actividade para transformar a poesía de Xela Arias tomando como base un verso ou poema da autora para, desordenando os termos, crear novos textos ou poemas experimentais que sexan bombas de contido poético.
O poema que inspira o nome da campaña:
A unidade componse.
Da desorde.
Desordénome, amor,
E dou co punto
Único
Do centro dos abrazos.
Abrazo a desorde das ideas
E sei
Que a unidade se compón.
A unidade componse.
Da desorde
Elabora os teus colaxes, físicos ou dixitais, videopoemas cos textos... e compárteos en redes sociais cos cancelos #DesordenateCoasLetras #LetrasGalegas #XelaArias2021
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible