Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Charla: A ciencia detrás do vandalismo urbano

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

25/04/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade.

Horario:

Das 19.00 h ás 20.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada no programa de divulgación científica: PARA SABER +

Este ciclo de charlas de divulgación científica, coordinado pola profesora Ana González Tizón e a Biblioteca Fórum Metropolitano, xorde da colaboración da Asociación de veciños de Oza, A Gaiteira e Os Castros e o Grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, UDCiencia i+d

Este grupo desenvolve unha intensa actividade no campo da divulgación científica, a innovación docente e a aprendizaxe-servizo.

O programa nace con vocación de permanencia. Será o último luns de cada mes ás 19.00 h na Biblioteca Fórum, con acceso libre até completar a capacidade.

O luns 25 de abril temos a segunda charla do programa:

A ciencia detrás do vandalismo urbano

Con Dimas López Martínez 

Pintadas nas paredes, queima de papeleiras, fluídos corporais humanos e animais, bancos rotos. Os actos vandálicos están á orde do día. Pero máis aló do que supón económica e eticamente, que ciencia hai detrás de todo isto? A que niveis nos prexudica e prexudica a biodiversidade dos nosos pobos e cidades?

  • Dimas López Martínez

Ola! Eu son Dimas. Son estudante de bioloxía e un friki da microbioloxía e a inmunoloxía, por iso onde exista un problema cos antibióticos ou as bacterias alí estarei eu fisgando. Encántame a música, canto todo o día (aínda que iso non lle guste á xente...). Sempre estou a buscar novas formas de divertirme divulgando, son un «cu inquieto», aínda que tamén descanso para tomar unha cervexa coas amizades.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión